Que é o
Outono Gastronómico?

Dende o 15 de setembro ao 17 de decembro do 2017*, as casas de Turismo Rural de Galicia celebran o seu 11º OUTONO GASTRONÓMICO, patrocinado por Turismo de Galicia.
Cada unha das casas rurais ofrecerá dous menús diferentes, exclusivamente concibidos para esta ocasión. Nesta guía podes consultar todos os menús e as casas de turismo rural participantes na promoción. Ademáis do “Menú Outono Gastronómico” tamén se ofrece a posibilidade de adquirir o “Paquete Outono Gastronómico” -que permite degustar o “Menú Outono Gastronómico” e pernoctar na casa de turismo rural elixida-, ou gozar da oferta completa coa “Fin de Semana Outono Gastronómico”. E se queres compartir coa familia esta fin de semana tan especial, podes apuntarte á oferta da “Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico” (1 ou 2 nen@s).

*Non se inclúe na promoción as fins de semana do 13 ao 15 de outubro e do 8 ao 10 de decembro.

Tes varias opcións para gozar da nosa gastronomía e turismo rural.
Elixe a túa modalidade:

Menú Outono Gastronómico en turismo rural

Menú Outono Gastronómico

Inclúe entrante, primeiro e segundo prato, sobremesa e viño Denominación de Orixe galega.

30 €/1 persoa

Fin de semana y menu gastronómico Outono Gastronómico en turismo rural

Paquete Outono Gastronómico

Inclúe o Menú Outono Gastronómico e a estancia na casa de turismo rural elixida (noite de venres ou sábado a escoller), co almorzo do día seguinte dentro da oferta.

120 €/2 persoas en cuarto dobre

80 €/1 persoa en cuarto individual

Fin de semana Outono Gastronómico en turismo rural

Fin de Semana Outono Gastronómico

Inclúe dous menús Outono Gastronómico por persoa e aloxamento e almorzos para as noites de venres e sábado.

200 €/2 persoas en cuarto dobre

140 €/1 persoa en cuarto individual

Fin de semana familia 1 hijo Outono Gastronómico en turismo rural

Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico con 1 neno/a

Inclúe dous menús Outono Gastronómico por cada adulto e dous menús infantís por neno/a, aloxamento en cuarto dobre con cama supletoria (noites de venres e sábado) e almorzos para toda a familia os dous días.

260 €/2 adultos + 1 neno/a (ata 14 anos)

Fin de semana familia 2 hijos Outono Gastronómico en turismo rural

Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico con 2 nenos/as

Inclúe dous menús Outono Gastronómico por cada adulto e dous menús infantís por cada neno/a, aloxamento en dous cuartos dobres (noites de venres e sábado) e almorzos para toda a familia os dous días.

300 €/2 adultos + 2 nenos/a (ata 14 anos)

Ofertas válidas en venres, sábados e domingos do 15 de setembro ao 17 de decembro de 2017, agás as fins de semana do 13 ao 15 de outubro e do 8 ao 10 de decembro.

Mapa de casas rurales Galicia 11º Outono Gastronómico en turismo rural

Casas rurais
participantes

CONCURSO OUTONO GASTRONÓMICO

Participa no noso concurso e gaña unha
fin de semana Outono Gastronómico
que inclúe dous Menús Outono Gastronómico
por persoa + aloxamento e almorzos nunha das casas
de turismo rural participantes nesta promoción.
(noite de venres e sábado).

TOP

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies